miércoles, 26 de mayo de 2021
martes, 25 de mayo de 2021
viernes, 21 de mayo de 2021
RECOLLIDA DAS LEITUGAS
Regámolas a diario, colocámolas nun lugar no que recibiran a luz natural do sol, sacámoslles as herbas malas...
E por fin as nosas leitugas están grandiñas para poder comelas!
É unha pena que non as poidamos preparar na clase e desfrutar tod@s xunt@s dunha saborosa ensalada, pero non vos preocupedes, se seguides a coidar igual de ben as vosas leitugas, de seguro que axiña as poderedes comer tamén!
Mentres tanto, agardamos a que as tres afortunadas que levaron estas para a casa, nos conten (e nos ensinen) o deliciosas que están 😉.
jueves, 20 de mayo de 2021
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Despois de ter traballado na clase o fermoso poema de Xela Arias, démoslle forma e nome a parte dos seus elementos axudándonos, como non podía ser doutro xeito, de flores e follas do noso entorno.
Incrible a colaboración das familias e a creatividade e a autonomía de tod@s vos á hora de realizar a actividade 😍😍😍.
ACTUACIÓN DO GRUPO QUEIROA
Hoxe por fin o tempo acompañou e puidemos difrutar da actuación do grupo Queiroa, que ademáis de achegarnos a música tradicional, ensináronnos moitas curiosidades dunha morea de instrumentos.
Tíñamos moitas ganiñas de concerto e... ENCANTOUNOS!
miércoles, 19 de mayo de 2021
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
UN CURSO CHEO DE CÓMICS INVESTIGAMOS SOBRE ZIPI E ZAPE MURAL COAS PERSONAXES DOS CÓMICS DE ZIPI E ZAPE RECREANDO PORTADAS DÍA CONT...
